domingo, 31 de maio de 2009

A Coordenadora de ENDL pide a Feijóo que cumpra o Plano de Normalización Lingüística.


A Coordenadora de ENDL pide a Feijóo que cumpra o Plano de Normalización Lingüística.
A plataforma lembra que aínda non recibiron resposta ás solicitudes de entrevista co presidente da Xunta, o conselleiro de Educación e o secretario xeral de Política Lingüística.
A Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) cualificou hoxe de "preocupantes" os pasos dado polo Goberno galego en relación ao marco legal da lingua galega e reclamou ao presidente Alberto Núñez Feijóo que manteña os compromisos recollido no Plan xeral de Normalización Lingüística de Galiza, "que foi resultado do traballo de centos de persoas, institucións e organizacións e non un simple remuíño de ideas".
Na reunión do consello zonal mantida onte en Santiago de Compostela, representantes de equipos de normalización de todas as comarcas e do ensino púbica e privada recordaron aos responsábeis autonómicos -desde Feijóo ao conselleiro de Educación, e ao secretario xeral de Política Lingüística- que aínda non recibiran resposta ás solicitudes de entrevista.
Neste sentido, sinalan que seguen esperando pese a que "dende o seu nomeamento fixeron un chamamento ao diálogo con todos os sectores implicados non sistema educativo galego co fin de analizar a presenza da lingua galega no ensino". "O consenso constrúese co diálogo", apostillan.
Finalmente, a coordinadora valorou a adhesión de máis de 500 equipos de centros educativos ao manifesto en defensa do decreto do galego na educación que a Xunta vai a derrogar e que a coordenadora considera "unha contribución moi valiosa ao obxectivo recollido na lexislación vixente: dotar ao alumnado galego de competencia nas linguas oficiais".

Vía: GZnacion.

sábado, 23 de maio de 2009

Parachuvias de Galicia. Manifestación Histórica. do 17 de Maio.


"Disque en Santiago a chuvia é arte. O que é arte son os paraugas. Os paraugas cando combinan e marchan por Compostela. Esvaeceuse na turbulencia histórica o soño dun gran Partido Galeguista. Mais o que temos nestes limiares convulsos do século XXI e unha magnífica ferramenta cívica de marca PG: o Paraugas Galego. Ou o Parachuvias de Galicia."
O Paraugas contra o Apartheid. Manuel Rivas

Chaparróns.



A lei do 83 prohibe a segregación:
"Os alumnos non poderán ser separados en centros diferentes por razón da lingua. Tamén se evitará, a non ser con carácter excepcional se as necesidades pedagóxicas así o aconsellaren, a separación en aulas diferentes".

Vía:El correo gallego.

quarta-feira, 13 de maio de 2009

Matrícula de Honra para o Correlingua 2009 na Barbanza.









Máis de dous mil alumnos dos centros de ensino da Barbanza participaron no Correlingua 2009 reivindicando o uso do galego na sociedade.
O Correlingua 2009 chegou a Barbanza baixo o lema “En Galego! Pásao!” coreado por máis dous mil cincocentos alumnos de vinte e seis centros de ensino da comarca, dende o alumnos de Educación Infantil ata Educación Secundaria.
O concello de A Pobra acolleu esta carreira en defensa do idioma galego tomando a testemuña do municipio de Ribeira, que o pasado ano estreou esta iniciativa na bisbarra. Con este acto público lúdico-educativo reivindícase o dereito dos rapaces a coñecer e utilizar o idioma galego.

Acompañados dos seus mestres, os cativos concentráronse na praza Durán Casais, onde un grupo deles deu lectura a un manifesto a través do que demandaron a implicación de toda a sociedade, e concretamente das xeracións máis novas, para manter vivo o uso do galego en todos os eidos. Por iso, dende a Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinaminación Lingüística dos centros de ensino insta ao goberno autonómico a que siga velando pola normalización e promoción do galego na ensinanza.

As actuacións do capitán Benito Souto e a súa grumeta Quilla, a do grupo musical Fantoches Baj e as cancións do cantautor Hugo Torreiro puxeron o punto e final a esta peculiar festa da lingua galega.
Vía: http://www.canalriasbaixas.com/content/view/6578/68/

Eco nos medios:
http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2009/05/09/0003_7705199.htm

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/05/13/0003_7713104.htm

sexta-feira, 8 de maio de 2009

Internet+GALEGO+futuro




A Consellaría de Economía e Industria vén de abrir a súa páxina na rede para celebrar conxuntamente o Día das Letras e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Podedes ver máis información en www.maisinternetmaisgalego.org, que parte co obxectivo de informar sobre o autor homenaxeado este ano no 17 de maio, Ramón Piñeiro, e tamén sobre todas as actividades que se desenvolvan para difundir e normalizar a nosa lingua, tanto no día a día como a través dos novos medios de comunicación e información que nos brinda a rede de redes.

quarta-feira, 6 de maio de 2009

Preparando o Correlingua nos colexios da Barbanza.






Visibilizando o noso apoio como profesorado de tódalas etapas educativas.


MANIFESTO DA COORDINADORA DE
EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
APOIO INDIVIDUAL DOCENTES
Enviar adhesións ao fax nº 981800064 ou a través da páxina web
http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php
Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística abaixo asinantes queren manifestar a súa preocupación ante a intención do novo goberno de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Como dinamizadores lingüísticos, pero moi especialmente como profesionais do ensino que somos, queremos facer constar o seguinte:
1. Este decreto desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia no ano 2004 e elaborado, na parte referida á
educación, por unha comisión na que se integraban representantes das ANPAS, do
profesorado, das organizacións pedagóxicas e das patronais do ensino concertado.
2. Supón a superación dunha lexislación, o Decreto 247/95, que -despois de 12 anos de
aplicación- tiña demostrado que non estaba respondendo aos obxectivos para os que fora deseñada, tal como poñen de manifesto os últimos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia.
3. Persegue como finalidade última que o alumnado acade, ao rematar os seus estudos, unha plena competencia lingüística que o capacite para expresarse oralmente e por escrito nas dúas linguas oficiais de Galicia, no marco dun ensino plurilingüe.
4. Favorece que cada centro elabore o seu propio Proxecto lingüístico, documento que debe ser aprobado polo Consello Escolar e que, polo tanto, require a implicación e o consenso de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais/nais, persoal non docente e representantes dos concellos.
Dado que consideramos as medidas que se establecen no decreto como unha achega importante na tarefa dinamizadora e normalizadora que realizamos nos centros e que non pasou tempo suficiente para avaliar se os seu resultados satisfán os obxectivos para os que foi aprobado, solicitámoslle ao novo goberno que manteña os compromisos acordados pola comunidade educativa e o Parlamento galego no Plan xeral de normalización da lingua galega.

segunda-feira, 4 de maio de 2009

sábado, 2 de maio de 2009

Os prexuízos desde Ramón Piñeiro.


Vía:A tabarra dixital.

Os pais e as nais tamén defenden o decreto do galego


A Confederación Galega de Asociacións de Pais de Centros Públicos, Confapa, considera “lamentábel” a decisión do novo Goberno galego de derrogar o decreto 124/07 do galego no ensino. “Queremos que ensinen as dúas linguas aos nosos fillos para que cando sexan maiores podan decidir cal delas usan”, afirmou o presidente desta entidade, Virxilio Gantes.
A Confapa representa a maioría dos pais e nais de alumnos en Galiza e ocupa os dous postos do ensino público que lle corresponden aos pais na Mesa Sectorial de Educación. Cómpre ter en conta que dos 1.692 centros que existen no país, 1.325 son de titularidade pública e só 367 privados.
A falta de definición do modelo de ensino respecto ao idioma preocupa na Confapa; tamén é motivo de inquietude a posibilidade de que recaia sobre os pais a responsabilidade de decidir a lingua vehicular na educación. “Iso é un disparate porque non hai aulas nin profesores para que haxa dúas liñas en cada centro, unha en castelán e outra en galego”, sinala Virxilio Gantes, que reclama unha presenza paritaria das dúas linguas, como estabelece o decreto que agora o Goberno pretende derrogar. “Que eu saiba, galego e castelán son idiomas oficiais en Galiza e deben ter o mesmo tratamento; senón, que reformen o Estatuto”, reclamou Gantes.
A Confapa anunciou que lle solicitará ao novo conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, celebrar unha reunión para coñecer as posturas da Administración e para que o titular do departamento reciba información da posición que mantén a principal organización que representa os pais de alumnos.
Por outra banda, aínda que o presidente Alberte Núñez Feixóo anunciou que procederán a permitir que os pais elixan o idioma no ensino sempre e cando haxa dispoñibilidade de medios, o novo conselleiro de Educación avanzou que estudarán con atención as posibilidades que hai. Vázquez Abad tamén amosou preferencia pola solución que propugna Feixóo, pero debe cumprir unha serie de prazos para derrogar o decreto e substituílo por outro novo. Este proceso inclúe a redacción do novo texto, a análise tanto por parte do Consello Consultivo como pola banda da Mesa do Ensino e finalmente a aprobación do Consello da Xunta. Neste sentido, os tempos que debe manexar a Consellaría dificultan a instauración do novo modelo no vindeiro curso académico

O idioma ping-pong.



Feijóo di agora que estudará se será preciso "reformar" o decreto do galego no ensino, no que xustifica como "prudencia e seguridade xurídica" antes de "pactar" a futura ordenanza .
Nun xiro inesperado ao seu "bilingüismo amable", o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo di agora que estudará se será preciso "reformar" o decreto do galego no ensino antes de emitir ningunha circular que contradiga os principios do decreto. "A prudencia e a seguridade xurídica aconsellan que para dar esa circular con carácter amplo sería necesaria a modificación do decreto", afirmou onte. ­Dous días antes, Feijóo manifestaba en declaracións á Cope que os opositores á Xunta poderían elixir entre galego e castelán para examinarse.
Porén, os tempos legais non permitirán que nas oposicións que se convoquen de aquí ó verán poidan elixir ó seu xuízo entre galego e castelán. Así o ad­virten fontes xurídicas e par­lamentarias consultadas por este diario, que recordan que a obri­gatoriedade de realizar polo menos unha das probas en galego recóllese na reforma da Lei de función pública de Gali­cia, aprobada en 2008.
Aínda que o novo Executivo se limitase a modificar o artigo que inclúe esta obrigatoriedade, o 35, os tempos e requisitos lexislativos farían case impo­sible, segundo fontes parlamen­taria, unha nova modificación antes de que finalice o período de sesións na Cámara gale­ga, a finais de xuño, e conver­ten en totalmente improbable unha reforma legal en só cues­tión de días ou semanas, a marxe necesaria para que afectase á orde das oposicións de mestres, que se espera que se celebren, como sempre, en xuño.
A Dirección Xeral de Función Pública non poderá tomar cartas no asunto pola súa conta. "Dar instrucións aos tribunais das oposicións para que se faci­liten os exames nas dúas linguas estaría violando a lei; e se alguén quisexe denuncialo, estaría poñendo os funcionarios nunha tesitura complicada. É como se lle dis a un garda civil que non faga nada cando atopa un con­dutor bébedo", compara Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da Universi­dade de Santiago.
A Xunta debe presentar pri­mero un proxecto de lei. Se este se sometese a consulta do Conse­llo Consultivo, como adoita ser ha­bitual, habería que esperar a que estea listo o seu ditame, antes de iniciar a tramitación parlamen­taria, que podería durar uns tres meses se a tramitación é moi rápida, engade as fontes parla­mentarias.
Para o deputado socialista José Manuel Lage, as palabras de Feijóo sobre o idioma nas oposicións constitúen "mani­festacións alegres pouco medita­das". "Parece que o seu guía espi­ritual está máis en Madrid que na realidade galega", valora o deputado, que critica que a Xunta "xogue" cos intereses das persoas pendentes de presen­tarse ás oposicións.
Os tempos normativos tam­pouco xogan a favor para que a modificación do decreto do ga­lego nas aulas estea listo para o curso que vén. O presidente engadiu que quere acordar o borrador do novo decreto, o que su­pón ­unha negociación con di­ferentes colectivos que a prio­ri non parece posible resolver en oito semanas.

sexta-feira, 1 de maio de 2009

Ollando a prensa.



Facéndonos eco da Coordinadora.



ENTREGA DE SINATURAS (18-04-2009), xornais do domingo 19.

TVG (18 de abril): http://www.agalega.info/videos/?emi=6858&corte=2009-04-18&hora=14:43:55&canle=tvg1

Xornal de Galicia: http://www.xornal.com/artigo/2009/04/18/galicia/mestres-case-centros-piden-pp-non-retire-decreto-do-galego/2009041821335293171.html
El Correo:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg-h/firmas-apoyo-centros-educativos-decreto-gallego/idEdicion-2009-04-19/idNoticia-417676/

Galicia Hoxe: http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=417853
Galiciae (de Luns a Venres, Diario de Pontevedra e El Progreso): http://www.galiciae.com/nova/29408.html

Gz Nación: http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=14025&id_cat=5
Entrevista con Tina Formoso en Vieiros:
http://www.vieiros.com/nova/73694/estendese-o-discurso-do-plurilinguismo-como-problema-cando-e-unha-vantaxe
Entrevista con Tina n'A Nosa Terra
http://www.anosaterra.org/nova/nacemos-para-defender-o-galego-nos-colexios.htmlNa radio:
http://www.crtvg.es/asfroot/acarta_rtg/18-abril-2009_14.00.asx

A Nosa Terra:

http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=14025&id_cat=5